Volver á listaxe

Haaretz

O proceso de votacións para esta edición xa rematou

Edicións en inglés e hebreo de 'Haaretz' (Foto: Hmbr (CC-BY-2.5))

Con máis de cen anos, Haaretz é un dos xornais máis antigos e máis influentes de Israel. Malia ás críticas e o entorno propicio á polarización, soubo manterse firme na defensa dos dereitos humanos, da liberdade de expresión e da integridade do xornalismo, converténdose con iso nun referente a nivel mundial tanto na cobertura do conflito palestino-israelí como na exposición de inxustizas e corrupción.

Fundado en 1919, Haaretz non só é un dos xornais máis antigos de Israel, senón tamén un dos máis influentes. Dende os seus inicios, o periódico distinguiuse por unha liña editorial que enfatiza a independencia e o xornalismo de calidade. Ao longo dos anos, Haaretz mantivo unha postura firme no seu compromiso coa liberdade de expresión, incluso en momentos de intensa presión política e social.

A filosofía de Haaretz céntrase na busca incansable da verdade nun entorno extremadamente hostil e propicio á polarización extrema. Este compromiso reflíctese no seu enfoque en reportaxes de investigación exhaustivos e na súa vontade de abordar temas complexos e a miúdo controvertidos. A pesar de enfrontar críticas e desafíos, o xornal mantivo a súa integridade, converténdose nunha voz esencial no xornalismo israelí e un referente da liberdade de prensa en todo o mundo. 

Malia estar Israel inmerso nun conflito de enorme polarización, Haaretz foi quen de difundir informacións veraces e non ditadas pola Oficina de Prensa das Forzas Armadas, e de incluír editoriais e opinións abertamente contrarias á política xenocida que está a levar o goberno do seu país. O 24 de novembro de 2024, o executivo de Benjamin Netanyahu ordenou un boicot a Haaretz. Non só os ministerios ou os organismos estatais, senón calquera entidade que traballe para o goberno ou reciba financiamento estatal ten prohibida toda relación co xornal, desde as insercións publicitarias no diario impreso e na web á difusión de comunicados e informacións, e debe cancelar calquera subscrición que teña.

Haaretz destaca así non somente por la valentía e independencia de su línea editorial e informativa, sino también como víctima de una decisión de un gobierno que claramente atenta contra la libertad de prensa. 

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.