Volver á listaxe

Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua

O proceso de votacións para esta edición xa rematou

Logo de PCIN

Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua (PCIN) créase en decembro de 2018 como resposta aos ataques do goberno dese país contra as e os xornalistas, que o sitúan actualmente nun dos últimos postos da clasificación mundial da liberdade de prensa de Reporteiros Sen Fronteiras. A súa candidatura representa unha homenaxe as comunicadoras e comunicadores nicaraguanos que seguen a informar desde o país ou o exilio e denunciar contra todas as dificultades, ao tempo que lembra a gravísima situación que sofre a liberdade de prensa nese país centroamericano.

A organización Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua (PCIN) nace en decembro de 2018 ante a escalada de violencia estatal dirixida á prensa crítica nese país. Desde entón, PCIN traballa pola defensa das liberdades de prensa e expresión en Nicaragua, protexendo aquilo que é máis preciado do traballo xornalístico: os homes e as mulleres que o exercen.

Como organización, PCIN desenvolve distintos tipos de protocolo en temas de cobertura xornalística segura para xornalistas, atención legal e médica para comunicadores en risco e en situacións de vulnerabilidade, desprazamento seguro e exilio forzado para xornalistas ou atención integral para xornalistas fronte a pandemias e desastres naturais. Ademais, desde 2019 ten en marcha o Observatorio de Agresións á Liberdade de Expresión en Nicaragua, que documenta ataques e delitos cometidos contra xornalistas e emite informes que sustentan os seus proceso de denuncia.

Nicaragua sitúase no posto 172 de 180 na edición de 2025 da clasificación mundial da liberdade de prensa que publica anualmente Reporteiros sen Fronteiras. En 2016 ocupaba o posto 75, na situación considerada ‘difícil’, en 2018 xa baixara ata o posto 90 e desde aquela desplomouse no ránking ante a escalada dos ataques do réxime contra o xornalismo independentes: peche de medios independentes, confiscación de bens, encarceramento de xornalistas, retirada de nacionalidade, aprobación de leis que criminalizan o traballo informativo e o exilio duns 300 periodistas nicaraguanos. Malia todo, os periodistas nicaraguanos seguen informando sobre o seu país desde o exilio. Enfróntanse á precariedade e ás dificultades para seguir exercendo a profesión desde outros países e tamén ás ameazas contra os seus achegados que seguen en Nicaragua.

Esta candidatura quere, na figura de Periodistas y Comunicadores Independientes de Nicaragua, honrar ao xornalismo nicaraguano que continúa a informar contra todas as dificultades, ao tempo que lembrar a gravísima situación que sofre a liberdade de prensa nese país centroamericano. 

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.