XXI Premio Xornalistas
O gañador desta edición foi o Sindicato de Xornalistas Palestinos, a organización que representa os e as profesionais da información dese país. O premio foi recollido por Nasser Abu Baker, presidente do sindicato, nun acto celebrado o 10 de maio de 2025 no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela, organizado coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís. As fotos son da autoría de Lucía Junquera, agás a imaxe entregada co premio, que é obra de Óscar Corral.