As bases
O premio rexerase polas seguintes bases:
- Poderá ser presentada ao Premio Xornalistas calquera persoa ou organización que destaque pola defensa da liberdade de prensa ou sexa, ou fora, perseguida polo exercicio da súa profesión como xornalista e por protexer o dereito a informar e a recibir información.
- Calquera membro do CPXG pode entregar unha proposta argumentada de candidato ou candidata para o Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa. Igualmente, calquera organización vinculada de forma demostrable ao xornalismo está facultada para facer chegar a súa proposta.
- As candidaturas deben incluír a seguinte documentación:
a. Memoria que conteña as razóns para apoiar a devandita candidatura (mínimo dun folio, máximo de catro).
b. Currículum vítae do candidato/a ou traxectoria da organización (mínimo dun folio, máximo de catro).
A candidatura pode ir acompañada, de ser necesario, por outros tipos de material de apoio e, en xeral, por calquera documento que achegue datos relevantes e información adicional. Esta información poderá ser incorporada á web do Premio. Non se admitirán candidaturas que non inclúan a documentación anteriormente sinalada. - As candidaturas serán enviadas por correo electrónico a premioxornalistas@xornalistas.gal ou a través da páxina web do premio.
A persoa ou entidade que realiza a proposta deberá estar perfectamente identificada, cos datos de contacto precisos para as comprobacións pertinentes. - As candidaturas deberán presentarse necesariamente antes das 14:00 horas do martes 3 de marzo.
- Non serán admitidas as candidaturas que non cumpran cos anteriores requisitos. A documentación presentada non será devolta nin se manterá correspondencia sobre ela. A Secretaría do CPXG e do premio levantará acta sobre as candidaturas recibidas e entregadas, xunto coas mesmas, á organización.
- A Xunta de Goberno do CPXG nomeará unha comisión específica para o certame na que estarán representadas, como mínimo, a presidencia, vicepresidencia e secretaría do premio. Esta comisión é o máximo órgano de decisión do premio e os seus ditames non admiten recurso ningún.
- A comisión será a encargada de aprobar as propostas presentadas e de decidir o número de candidaturas finalistas do premio. A comisión poderá rexeitar as candidaturas que considere que non cumpren co punto 1 das presentes bases. Non poderá haber mais de catro candidaturas finalistas.
- A comisión fará oficiais e públicas —na web do Premio e na sede do CPXG— as candidaturas o martes 10 de marzo.
- O xurado do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa está constituído por todos e cada un dos colexiados e colexiadas do CPXG que teñan ao día o pagamento das súas cotas. A Decana do CPXG, un/ha dos/as vicedecanos/as e o secretario do CPXG exercerán, respectivamente, a presidencia, vicepresidencia e secretaría do xurado.
- O xurado poderá votar única e exclusivamente a través de internet. A votación electrónica realizarase entre os días 10 de marzo e as 14:00 horas do martes 7 de abril na web do premio.
Os colexiados e colexiadas do CPXG realizarán o seu voto a través da intranet da web do CPXG.
O Secretario do CPXG levantará acta dos votos recibidos e atribuirállelos a cada unha das candidaturas. O Premio seralle concedido á candidatura que obteña a maioría dos votos. En caso de empate, a presidencia do xurado disporá de voto de calidade.
Este procedemento será supervisado por un notario ou notaria, quen levantará acta do resultado. - O Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa é un recoñecemento promovido pola profesión xornalística galega que non implica ningunha contía económica.
- O ditame do xurado darase a coñecer publicamente.
- A participación no certame implica a aceptación completa destas bases, depositadas ante a autoridade notarial.